Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Actividade Duración Carácter Descrición
Encontro entre investigadores 10 horas Obrigatorio
(1 anual)
Seminario de investigación, nucleado en torno á presentación de intervencións asociadas coa temática do programa de doutoramento de profesorado que se atope en Galicia en programas de intercambio.
Seminarios de investigación 5 horas Obrigatorio
(2 ao ano)
Seminarios promovidos a partir do desenvolvemento de metodoloxía activa, no ámbito no que se desenvolve a tese.
Seminario anual de intercambio de experiencias de investigación 20 horas Obrigatorio
(1 anual)
Seminario do grupo de investigación do programa, así como doutros grupos convidados que traballen temáticas afíns. A partir da presentación dos tópicos plantexarase e implicarase na discusión aos participantes.
Grupo de discusión sobre as nosas teses recentes 20 horas Obrigatorio
(1 anual)
Encontro anual de intercambio e discusión dos resultados e conclusións das teses de doutoramento asociadas ao programa (derivadas do grupo ou subgrupos de investigación) que foron defendidas nos últimos 5 anos.
Congreso Galego de Investigadores en Educación (bianual) 20 horas Optativo O seu obxectivo principal é compartir e comunicar diferentes achados científicos no campo de estudo das ciencias da educación.
Congreso estatal de Educación Social 20 horas Optativo O seu obxectivo principal é concienciarse da importancia da contribución investigación ao campo das ciencias sociais e do comportamento para o deseño e implementación de propostas innovadoras.
Congreso Nacional de Pedagoxía (cuadrienal) 20 horas Optativo O seu obxectivo principal é desenvolver a capacidade de comunicar á comunidade científica os resultados de investigación e o sentido crítico.
Congreso Galego-portugués de psicopedagoxía 20 horas Optativo O seu obxectivo principal é adquirir habilidades para a presentación e comprensión do coñecemento empírico na investigación psicosocioeducativa.
Seminario interuniversitario de Pedagoxía Social 20 horas Optativo O seu obxectivo principal é sensibilizarse con temáticas referidas á inclusión, os dereitos humanos, a diferenza humana, etc.
Congreso Internacional A Fenda Dixital (bianual) 20 horas Optativo O seu obxectivo principal é coñecer proxectos novos e comunicar algún achado propio á comunidade científica en relación á temática do evento.
Congreso Patrimonio Etnográfico Galego (bianual) 20 horas Optativo O seu obxectivo principal é coñecer e contribuir ao desenvolvemento científico aunando compoñentes locais cos de tipo máis universal no ámbito da intervención psico-socioeducativa
Congreso Manuel Luis Acuña (trianual) 20 horas Optativo O seu obxectivo principal é contribuir a ampliación do coñecemento a través da investigación e experiencias psicosocioeducativas orixinais.