Os e as participantes do programa de doutoramento xa teñen competencias para traballar nas distintas profesións ás que dan acceso aos Graos. O programa de doutoramento de Ciencias da Educación e do Comportamento pretende ampliar os coñecementos e ferramentas de investigación para poder promocionar na carreira profesional tanto dentro do mesmo sector como accedendo a outros postos máis cualificados como poden ser centros de investigación ou prazas de profesorado universitario.
Unha empresa ou Administración pública que conte entre os seus profesionais con persoal doutor pola Universidade de Vigo en Ciencias da Educación e do Comportamento, conseguirá:
- Desenvolver modelos de intervención que permitan á empresa/administración mellorar a súa praxe profesional.
- Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
- Coordinar equipos de traballo implicando ao resto do persoal e tamén á comunidade no proceso de cambio continuo das propias institucións e da realidade psicosocioeducativa.
- Adquirir habilidades de análises e resolución de problemas complexos no ámbito das necesidades educativas especiais, a interculturalidade, a compensación de desigualdades, o variables sexo/xénero e/ou outras áreas de interese no ámbito educativo.