Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense ocupa gran parte dun recinto universitario que inclúe amplas zonas verdes.

As edificacións para actividades docentes e de servizos distribúense en diversos edificios: o Edificio de Facultades, no que se atopan, entre outras instalacións, as aulas, laboratorios e servizos do Decanato; e os Pavillóns 1º e 2º, nos que se localizan os despachos do profesorado, así como seminarios e algúns laboratorios.

Os recursos da Facultade de Educación e Traballo Social están ao dispor de todos os seus títulos, asignando a principio de curso os espazos específicos que se consideran adecuados, e facilitando a reserva daqueloutros que poden ser compartidos. Así mesmo, hai vontade por parte das entidades colaboradoras para facilitar aos doutorandos o uso dos seus equipamentos durante as estadías de intercambio, ou para a organización conxunta de actividades de formación no marco do programa de doutoramento.

Máis información