Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A formación proporcionada por este título permite completar a formación inicial de mestres/as, psicólogos/as, pedagogos/as, psicopedagogos/as, educadores/as sociais, traballadores sociais e outros/as profesionais do ámbito educativo e socioeducativo, interesados na investigación psicosocioeducativa.

Este Programa de Doutoramento permite especializar a estes profesionais para exercer de forma máis sistemática o seu labor nos distintos ámbitos do sistema educativo e socioeducativo:

  • Centros escolares de infantil, primaria e secundaria
  • Equipos e servizos especializados de orientación educativa e psicopedagóxica
  • Departamentos de orientación, equipos de orientación provinciais, centros de detección e tratamento das dificultades de aprendizaxe
  • Area educativa e social de concellos, deputacións, entidades de educación social en todos os ámbitos de intervención
  • Servizos sociais
  • Centros de formación e recursos
  • Centros públicos e privados de I+D+i
  • Asesoramento a ANPAS e a outras asociacións específicas

Por outra banda, supón unha axuda especializada para aquelas persoas con necesidades especiais no campo da aprendizaxe, da autonomía persoal e social, e no apoio para a participación na comunidade, o lecer, etc.

En definitiva, este Programa de Doutoramento mantén o seu interese para profesionais e investigadores do ámbito educativo, social e do comportamento. A especificidade deste Programa de Doutoramento, fronte a outros que poidan ofertarse no ámbito da Educación, radica en contemplar de maneira interdisciplinar aspectos pedagóxicos, psicolóxicos e sociais, pensando nos perfís formativos previos de estudantado que cursa os graos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social ou Traballo Social no campus de Ourense.

Outros/as titulados/as que se interesan polo programa teñen formación similar e intereses comúns, o que enriquece o perfil de ingreso, ampliando as nosas expectativas iniciais. Os/as titulados/as doutros campus e universidades, particularmente de Portugal, melloran o perfil de ingreso previsto.