O persoal investigador que forma parte do programa de doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento tiñan a experiencia investigadora e méritos adecuados para un desenvolvemento adecuado do programa, abrindo a posibilidade desde o principio de incorporar novos investigadores e investigadoras que puidesen reforzar aquelas liñas de investigación nas que temos menor dispoñibilidade.

A colaboración de profesorado da Unversidade da Coruña, Vigo e Tras Móntesvos e Alto Douro foi moi importante desde o principio, pero ademais incorporouse a novos investigadores e investigadoras dos propios departamentos, así como profesorado do Instituto Politécnico de Porto (na mesma liña iniciada agora polo programa institucional do Campus da Auga), da Universidade Lusíada de Porto, e da Universidade Portucalense.